viernes, 28 de marzo de 2025

ANTA-DOLMEN CORGA DAS ARCAS. San Pedro de Parada de Ventosa, Muíños.

ANTA-DOLMEN CORGA DAS ARCAS



“Es mejor tener un pequeño conocimiento de muchas cosas que un gran conocimiento de pocas.”

Guillermo de Ockham



Debuxo versión Moncho Boga, 2024.

Desde Parada de Ventosa hai dous quilómetros andando, e o XPS semella que é altamente recomendable para poder chegar sen contratempos. Son tres mámoas sinaladas cos números un e dous, catalogadas en Patrimonio da Xunta de Galicia.



Fotografía do blogue megaliticia.

Forma parte dunha necrópole, dicía antes,  composta por tres mámoas, das que a sinalada co número 1, a que nos ocupa, amosa restos da estrutura arquitectónica.




Fotografía de J.M. Eguileta Franco, 1999.

A anta, bastante esnaquizada, confórmase a través de sete chantos-esteos moi remexidos e a estrutura tumular na que se asenta case non se aprecia. O estado de conservación, por todo iso, é bastante regular.



Fotografía extraída da páx. web www.megalitos.es.

A existencia de camiños primitivos reaproveitados pola Vía Nova, a existencia de necrópoles moi cercanas, a situación en penechairas, tamén preto das nacentes dos regatos..., fan desta área megalítica unha contorna por descubrir.



Fotografía do blogue megaliticia.

Viaxar á Baixa Limia sempre é un placer, baixo todos os puntos de vista. Aos indiscutibles valores naturais e histórico-artísticos, hai que engadirlle o indudable valor prehistórico. E o turismo megalítico en particular é un dos grandes recursos de que dispón esta tan singularizada área xeográfica do País Galego.



En Sigrás, no mes de marzo de 2025.
Saúde, sorte e libros!!!


BIBLIOGRAFÍA E ENLACES

Eguileta Franco, J.M.: A Baixa Limia Galega na Prehistoria Recente. Deputación de Ourense, 1999.

https://megaliticia.blogspot.com/2021/10/Dolmen-Corga-das-Arcas.html

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2013/11/mamoas-e-antas-de-galiza-ii.html

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/dolmen-corga-das-arcas







No hay comentarios:

Publicar un comentario