MEDORRAS DO MONTEIRÓN. Gándaras de Narla, Friol.
Esta necrópole está composta por 17 mámoas e hai uns anos fíxose unha ruta arqueolóxica perfectamente sinalada, para o que, ademáis, limpáronse e sinaláronse a meirande parte delas.
Fotografía de Ramón Boga Moscoso |
Nesta pequena información imos incluir só dúas das mámoas desta necrópole pola súas extraordinarias dimensións, talvez as máis grandes de Galicia. Engadimos unha terceira por que conserva uns poucos restos pétreos.
MÁMOA GA27020123
Atópase nas Gándaras de Narla, na parroquia de San Pedro de Narla.
Ubícase nunha zona chaira e baixa próxima ao curso do río Narla, no comezo dunha dorsal que ascente cara á zona máis alta.
Fotografía de Ramón Boga Moscoso |
Trátase dunha mámoa de enormes dimensións na que non se aprecian elementos de cámara nin de coiraza. A mámoa amosa un bo estado de conservación en xeral. Hai uns anos que se lle fixo unha roza talvez vencellada ao roteiro arqueolóxico. Pola zona norte transcorre unha pista con dirección L-O que seguramente altera parte da mámoa. Na cima presenta dous funís de violación claramente diferenciados.
As dimensións son as seguintes: 55 ms de diámetro e unha altura duns catro ms. O cono de violación ten unha profundidade dun metro e douscentos cms aproximadamente.
MÁMOA GA2702128
Estamos diante doutra enorme mámoa cun diámetro N-S de 79 por 74 ms no eixe L-O. Tamén conserva unha boa altura, aínda que pola proporción parece bastante rebaixada. Non se aprecian restos nin de cámara nin da coiraza.
A mámoa semella pouco alterada a pesar das intensas labouras agrícolas: hoxe atópase no medio dunha gran leira adicada a pradeira. Seguramente viuse moi reducida en diámetro e en altura por estas causas. O funil de violación atópase moi colmatado, de xeito que presenta unha apariencia chaira.
MÁMOA GA27020134
Atópase no lugar de Monte Queimado/Vilapedre, na parroquia de San Pedro de Narla.
Aínda que a mámoa é de pequenas dimensións en comparación coa maioría das desta necrópole, o interesante é que apareceron dúas pezas que poden ser os restos da estrutura arquitectónica da cámara: un destes esteos amosa tres cazoletas e o outro un rebaixe continuado.
Fotografía de Ramón Boga Moscoso |
Fotografía de Ramón Boga Moscoso |
UNHA LENDA SOBRE UNHA MEDORNA DE MONTEIRÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario