miércoles, 12 de marzo de 2014

Alberte Alonso publica "O uso das pedrafitas no Neolítico Galego"

"O USO DAS PEDRAFITAS NO NEOLÍTICO GALEGO" por Alberte Alonso.

Os megaliteiros en xeral e os pedrafiteiros en particular estamos de noraboa. Este venres presentarase na Galería de Sargadelos de Pontevedra o libro de Alberte Alonso "O uso das pedrafitas no Neolítico Galego".

Non teño o pracer de coñecer presoalmente a Alonso: non obstante coñezo a súa voz posto que estamos en permanente contacto intelectual desde hai xa unha morea de anos. Boa parte das pedrafitas que amoso no meu blogue fóronme descubertas por Alberte que tamén me enviou as fotografías correspondentes así como unha que outra descrición xeral das pedrafitas.




Aínda non teño o pracer de coñecer este novo traballo de Alberte, pero estou absolutamente seguro de que aportará sustanciais coñecemntos e abrirá novas prespectivas sobre ese descoñecido mundo das pedrafitas galegas.

O misterio da presenza das pedrafitas en Galicia garda moitas sorpresas e ofrecerá, por medio do meticuloso traballo de Alberte, coñecemento, un coñecemento sempre fecundo.

En suma, os megaliteiros galegos estamos de noraboa. 




Nota: o libro está editado por SAGA, Sociedade Antropolóxica Galega.

2 comentarios:

  1. Pois entón, Moncho, haberá que andar a atopalo xa que estas cousas feitas polos nosos camaradas tenhen que ser moi boas.
    Xa escomenzan a falarse de que estas gravuras, pedras fitas, e otras demarcacións sonche xa pontos de referidos as estrelas, os eidos e as sachadas, os moevmentos do sol e as lúas contadas nos ceos; fitas limitadas que ponhen termo as propiedades dos clans. O fin deixando os exotéricos e otras parvadas escomenza a verse a realidade dos nosos antergos. Canto alégrome de que istas rochas foran referenzas nos caminhos, etc.
    A realidade non ten deuses e iso fai que sexa ainda máis fácil enetendela.
    Di unha cantiga en castelán: "Seica os curas almorzaran chinas do río, non estarían tan gordos os tíos fodidos"...De tantas mentiras e paiasadas. Sonche o demo estes mentireiros que sempre vederon fume pra nenos.

    Unha aperta longa...abrá que mercalo
    Deica entón :)´

    ResponderEliminar
  2. É absolutamente recomendable mercar este traballo. Co resto, absolutamente de acordo contigo. Moncho

    ResponderEliminar