ANTA-DOLMEN DE DOMBATE. Borneiro, Cabana de Bergantiños.
Atópase na parroquia de San Xoán de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños e é coñecida como A Fornella.
Atópase na parroquia de San Xoán de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños e é coñecida como A Fornella.
Para chegar. Seguindo a estrada de Baio a Cabana de Bergantiños en Borneiro hai un desvío (unha rotonda) no que hai que coller á esquerda. Atópase ferfectamente sinalado e pertence á Deputación da Coruña. Hoxe, un espléndido centro de interpretación da cabida aos visitantes.
INTRODUCIÓN
A anta de Dombate foi dada a coñecer por Manuel Murguía no ano 1901. Posteriormente, Parga Pondal e Pérez Bustamente realizaron, no ano 1923, un estudo máis pormenorizado. Desde ese momento, a anta de Dombate foi xa unha referencia obrigada para todo o ámbito académico e bibliográfico da prehistoria galega. Sen embargo, o salto cualitativo máis importante (tamén como referente ao redor do megalitismo galego) produciuse logo das escavacións arqueolóxicas levada a cabo por José María Bello a finais da década de 1980.
Dombate na década de 1970. |
Nas tres campañas sucesivas de escavacións, desentrañáronse e evidenciáronse tanto a monumentalidade da estrutura arquitectónica da anta, a súa riqueza mateiral como, sobre todo, as novedosas e importantes conclusións ao redor do horizonte megalítico no noso país. Despois das escavacións realizadas por Bello, outras actuacións de menor alcance foron levadas a cabo por Ángel Concheiro no ano 201 que se centraron no control arqueolóxico das obras de ampliación e desvío da estrada que leva de Borneiro a Dombate.
Dombate na década de 1970. |
Entre os anos 2001 e 2002 este arqueólogo, na compaña de X. Vilaseco Vázquez, realizaron novos sondeos, así como o control arqueolóxico do novo recinto. Por último, Manuel Lestón Gómez desenvolveu a escavación arqueolóxica dalgúns outros sectores e, sobre todo, a limpeza do conxunto tumular.
A complexidade da anta de Dombate a nivel arqueolóxico, construtivo e histórico débese sobre todo á superposición de diversas construcións, cuxa secuencia construtiva documentouse por primeira vez en todo o noroeste peninsular.
Dombate, despois das escavacións de Bello, unha vez posta a lona. |
Inmediatamente antes da inauguración do novo centro de recepción de visitantes de Dombate, leváronse a cabo novas escavacións arqueolóxicas dirixidas por Manuel Lestón Gómez. Os resultados destas novas escavacións arroxaron novos e interesantes achádegos.
Dombate, despois das escavacións de José María Bello |
DESCRICIÓN XERAL
Estamos, efectivamente, diante dunha anta de cámara poligonal e corredor de entrada desenvolvido (ben diferenciado tanto na planta coma no alzado) acadando os catro metros de lonxitude e unha altura máxima dun metro e sesenta centímetros. O esteo da cabeceira da anta mide, pola parte externa, catro metros e sesenta centímetros de altura. O corredor de entrada está formado por tres tramos de esteos imbricados que decrecen en tamaño e altura cara ao exterior do monumento, tapiado ou selado por unha lousa vertical. Conserva tamén a pedra cobertora do corredor.
Seguindo ao arqueólogo Manuel Lestón Gómez, a secuencia construtiva de Dombate pódese resumir biográficamente atendendo aos "momentos construtivos" que se poideron datar científicamente, a saber:
DOMBATE ANTIGO. Aínda que non existen datacións para este momento construtivo, pódese concluir que a data de construción é anterior ao 3.900 a. XC.
Planta de Dombate antigo. |
Trátase dunha cámara primitiva con planta alongada, aberta e composta por nove esteos suxeitos por pequenos contrafortes na cara externa. A mámoa na que se insería acada algo máis de dez metros de diámetro e atópase cuberta por unha coiraza pétrea. O acceso á cámara solucionouse mediante un plano inclinado realizado no túmulo e cuberto por laxes de pedra.
Dombate antigo. |
Neste momento construtivo non se documentaron demasiados materiais: destaca unha conta toneliforme de pedra de cor verde e un recipente cerámico atopado na parte noroeste da coiraza. Interprétase como a última utilización desta fase. No interior atopáronse restos do contido que poden ser datados e identificados.
Planta de Dombate recente. |
DOMBATE RECENTE. Trátase dunha gran cámara monumental cuxa secuencia construtiva descríbese, polos seus escavadores, a través de catro momentos sucesivos:
Momento 1. É o momento no que se constrúe a gran cámara de Dombate: para elo realízase unha trincheira na que se chanta a enorme lousa da cabeceira, calzada con pedras e xabre. A partir deste esteo, vaise edificando a anta con esteos imbricados uns nos outros. A continuación procédese ao pintado das pedras: realízase un revoco ou imprimación de caolín tamizado e amasado con auga así como un aglutinante de manteca de vaca. Sobre a devandita base trazaronse os motivos en roxo e negro, presentes en todos os esteos da cámara e do corredor.
Pinturas do esteo da cabeceira |
Pintura dun esteo da cámara |
Pinturas doutro esteo da cámara |
Pinturas dun esteo do corredor |
Ademáis da pintura mural, consérvanse os famosos gravados coñecidos como "the thing" ou "la cosa". É posible que fosen realizados antes da colocación dos esteos.
Gravados de Dombate: "The thing" |
Neste primeiro momento tamén se realíza o primeiro pavimento da cámara: emprégase para elo unha capa fina de terra oscura, fina e graxa que se tiñe superficialmente con caolín pulverizado.
Entre os mateirais recuperados destaca un grupo atopado no primeiro pavimento da cámara, que pode constituir unha especie de ofrenda ritual de fundación. As datacións feitas arroxan para a construción de Dombate recente unha antigüidade de 3.900-3.600 a. XC.
Contas de colar de acibache |
Útiles tallados |
Láminas de sílex |
Momento 2. Ten lugar unha redefinición xeral do monumento que non chega a afectar nin á estrutura arquitectónica nin á estrutura tumular. Non obstante si afecta á "parte operativa ou cerimonial". Así realízase un novo pavimento con laxes planas; un pavimento de terra amarela na área de entrada que chega á periferia da cámara e, por último, un enlousado de laxes planas e unha fiada de vinte idoliños antropomorfos.
Algúns antropomorfos de Dombate |
Por enriba do primeiro pavimento aparece un segundo conxunto material que se compón de puntas de frecha e machadas de pedra pulida.
Machadas puídas |
Momento 3. Péchase o monumento de xeito definitivo cunha lousa fincada na entrada do corredor e, na parte de fóra (o adro), sitúase un entullo de pedras no que se atopou unha fogueira que permitiu datar ese momento.
O material arqueolóxico recuperado cífrase en cerámicas puntilladas (tradición precampaniforme) e paralelizables.
Cerámica puntillada |
Momento 4. Comenza a destrución do monumento (violacións prehistóricas). Este momento está vinculado ás cerámicas campaniformes.
Cerámica Campaniforme |
Nos últimos sondeos e control do xacemento megalítico de Dombate localizáronse indicios da existencia de dúas estruturas, probablemente prehistóricas, que seguramente gardan relación coa gran Anta de Dombate.
Continuará...
Continuará...
Este artigo foi posible pola extraordinaria amabilidade de Manuel Lestón Gómez, que me proporcionou todos os elementos necesarios para levar a cabo este pequeno resumo.
Trátase dunha cista atopada con motivo de traballos agrícolas nunha finca cerca da Anta de Dombate, no lugar da Ínsua, en Borneiro.
A decoración consiste en cazoletas, triángulos e liñas rectas paralelas e perpendiculares.
En canto á estrutura arquitectónica, posiblemente se adscribe as antas de pranta poligonal e corredor desenvolvido que está orientado ao nacente e case non é visible, conservándose á vista dous chantos. Da tampa, o enorme anaco conservado (partida á metade) acada catro cm de longo e un metro con oitenta centímetros de ancho. Dos cinco ortostatos conservados, o da cabeceira acada os dous metros con vinte centímetros de altura. Os esteos teñen unha forte inclinación cara ao interior que no eixo W-L sobrepasa os tres metros de longo. A cámara conserva seis ortostatos, aínda que posiblemente estaba conformada por sete.
FORNELA DOS MOUROS. San Simón de Nande, Aprazadoiro. Laxe
Outras fotografías da Fornela dos Mouros, feitas no ano 1993:
CISTA DA ÍNSUA. Borneiro, Cabana de Bergantiños
Debuxo de Ramón Boga Moscoso |
Hoxe en día atópase depositado en pezas no Museo Arqueolóxico de San Antón na Coruña. Consérvanse sete esteos dos que catro amosan decoración a base de gravuras. As medidas van desde os oitenta e sete centímetros de lonxitude e entre trinta e sete e corenta e tres centímetros de altura e dez de grosor a máis grande, ata corenta e tres centímetros de lonxitude, vintecatro de altura e dez de grosor a máis pequena.
CISTA DE TARAIO. Cerqueda, Malpica de Bergantiños
Tamén foi atopada ao efectuárense labouras agrícolas, nunha propiedade
cercana ao lugar de Taraio. Atópase no Museo Arqueolóxico de San Antón na
Coruña. A cista alcanza a lonxitude un metro e once centímetros por noventa e catro de ancho. Un dos lados confórmase por tres esteos, mentres que os outros lados fórmanse cun so
esteo. O conxunto está cuberto por unha tempa que excede as dimensións da
Cista. O enxoval atopado consiste nun puñal deespigo e un vaso de crámica lisa
de cor ocre.
Fotografías de Ramón Boga. |
ANTA-DOLMEN PEDRA DA ARCA. San Miguel de Cerqueda, Malpica de Bergantiños
Anta-dolmen a Pedra da Arca en Cerqueda, Malpica. Debuxo de Ramón Boga, 1993. |
Para Chegar. Saíndo de Carballo con dirección a Malpica, aos catro quilómetros despois de pasar Buño (en Figueira) hai unha instalación de campismo. Desde este lugar, unha pista conduce directamente á anta, que está ben sinalizada.
O conxunto monumental de Pedra da Arca atópase moi alterado polas escavacións furtivas contínuas: a pedra cobertora está partida en dúas metades debido a un barreno e desprazada do seu lugar orixinal.
O conxunto monumental de Pedra da Arca atópase moi alterado polas escavacións furtivas contínuas: a pedra cobertora está partida en dúas metades debido a un barreno e desprazada do seu lugar orixinal.
Fotografía de Ramón Boga, década de 1990. |
A mámoa mostra diversas remocións devido a
violentas violacións e contínuos rebaixes en todo o perímetro. Hoxe en día o
túmulo acada os 26 ms (N-S) e case os 28 ms no eixo L-W.
Planta segundo Méndez-Lestón. Versión de Ramón Boga |
En canto á estrutura arquitectónica, posiblemente se adscribe as antas de pranta poligonal e corredor desenvolvido que está orientado ao nacente e case non é visible, conservándose á vista dous chantos. Da tampa, o enorme anaco conservado (partida á metade) acada catro cm de longo e un metro con oitenta centímetros de ancho. Dos cinco ortostatos conservados, o da cabeceira acada os dous metros con vinte centímetros de altura. Os esteos teñen unha forte inclinación cara ao interior que no eixo W-L sobrepasa os tres metros de longo. A cámara conserva seis ortostatos, aínda que posiblemente estaba conformada por sete.
Fotografía do ano 1994. De Ramón Boga. |
A anta Pedra da Arca forma parte da necrópole
de Cerqueda, na que existía a anta Pedra da Mina e outras tres mámoas máis das
que aínda se pode ver unha ao outro lado da pista.
Trátase sen dúbida dun dos grandes monumentos
megalíticos galegos, aínda que hai que lamentar o seu estado de abandono e o
perigo de desaparición. Mailo perigo existente e o seu lamentable estado,
estase a tempo de elaborar unha actuación que devolva a este senlleiro megalito
a monumentalidade que tivera noutrora, por medio dunha axeitada restauración.
A construción-ereción da anta débese, como
contan na zona, á intervención dunha fabulosa moura que, mentres fiaba,
carrexou ata este lugar o conxunto arquitectónico.
ANTA PEDRA DA MOURA. Brañas do Carregal, Aldemunde. Carballo
Para
chegar débese coller a estrada local de A Xilva e, no qm 3,5, hai que
coller unha pista sinalizada que leva a Aldemunde. Desde aí, aparece
outra pista á dereita que atravesa o lugar: no segundo cruzamento, logo
de percorrer uns 500 ms, atopamos o munumento megalítico en cuestión.
Non
conserva resto algún da mámoa e a cámara funeraria está formada por sete
esteos e pola gran pedra cobertora apoiada nun dos chantos fora do seu
lugar orixinal. A planta parence corresponder a un típico esquema
poligonal simple, e non se aprecian restos do corredor. Na cara exterior
da tampa pódense observar restos de cazoliñas, aproximadamente na parte
central. A devandita pedra cobertora mide 3,40 ms de longo, 2 ms de
ancho e 30 cms de anchura media.
A
Anta de Pedra Moura foi construída por un homónimo ser imaxinario que
carrexou as pedras na cabeza, tendo tempo para fiar nunha roca e tamén
para darlle de mamar a un meniño pequeno.
Fotografías foron realizadas por Ramón Boga no ano 1993. |
Debuxo de Ramón Boga |
FORNELA DOS MOUROS. San Simón de Nande, Aprazadoiro. Laxe
Para
chegar. Si saimos de Baio, hai que coller a estrada que leva a Cabana
de Bergantiños. A poucos quilómetros, debemos desviarnos á esquerda con
dirección a Laxe. Despois de pasar Fornelos e Coéns, debemos xirar
novamente á esquerda ata chegar ao lugar de Aprazadoiro (desde Baio hai
uns 9 qms). Ao chegar á última casa, debemos coller unha corredoira á
dereita e, a uns 100 ms, xa está a anta, na aba dun pedragoso monte.
Fornela dos Mouros no ano 1993. Foto de Ramón Boga |
Trátase sen dúbida dunha cista megalítica
ubicada na aba do rochoso monte do Aprazadoiro: amosa grandes proporcións e
está composta hoxe en día por tres grandes ortostatos (a planta é cadrangular)
fincados verticalmente así como unha gran pedra cobertora ou tampa colocada no
sentido horizontal. A pedra cobertora sobresae das lousas do soporte.
Ao redor do conxunto monumental e sobre todo na
pedra da dereita, pódense apreciar acumulacións de terra e pedras cativas que
se catra son os restos dunha cimentación dos ortostatos ou incluso os restos
dunha estrutura tumular.
Fornela dos Mouros no ano 1993. Foto de Ramón Boga |
A singularidade deste monumetno ben dada por
varios elementos, a saber: a planta, formada por tres ortostatos; a aparente
ausencia de túmulo ou mámoa e o seu emprazamento nun terreno moi escarpado.
O estado de conservación da cámara é moi bo,
coa particularidade negativa da perda de sedimento no interior da cámara o que
fai que o chanto que fai de cabeceira se atope sen calzos no interior.
A uns 50 ms cara ao sul (monte abaixo) atópase
unha mámoa cuxo número de catálogo é
GA15040003.
Tamén, e como curiosidade, a case tres ms da
cista, con direción leste, aparecen tres pedras fincadas que apenas sobresaen
un metro a máis alta. Na parte dianteira da cista hai varias laxes que ben
poideran formar parte doutras estruturas megalíticas hoxe desaparecidas.
Outras fotografías da Fornela dos Mouros, feitas no ano 1993:
Posiblemente, segundo diversas informacións, estea a conservar restos de pinturas parietais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario