ANTAS-DOLMENES dos Campiños
Esta necrópole é unha das máis coñecidas de Galicia tanto pola importancia das estruturas arquitectónicas megalíticas como polos importantes traballos arqueolóxicos que se realizaron nela na década de 1980.
Esta necrópole é unha das máis coñecidas de Galicia tanto pola importancia das estruturas arquitectónicas megalíticas como polos importantes traballos arqueolóxicos que se realizaron nela na década de 1980.
Considérase que foi unha das primeiras escavacións feita por arqueólogos profesionais en Galicia ao ser levada a cabo mediante un convenio entre o concello de Rianxo e o INEM.
A zona onde se asenta a necrópole posúe un elevado valor arqueolóxico pola gran densidade de xacementos arqueolóxicos catalogados.
Atópase nunha pequena chaira que se dispón lonxitudinalmente sobre a dorsal topográfica que cae desde o estemo sur do Monte Lioira. A vexetación componse de toxo, xesta e fentos, así como unha furibunda repoboación de piñeiros e sobre todo eucaliptos. Neste marco aséntase a necrópole orientada do norte ao sul, seguindo a cima da dorsal.
Está formada por seis mámoas: as mámoas 1, 2, 3 e 5 están hoxe en día en lamentables condicións. Incluso a mámoa 1 está prácticamente destruída faltándolle case a metade, aínda que se pode ver o resto dun esteo da cámara. A mámoa número tres atópase moi esmorecida sen sinais algunha de restos da cámara. A sinalada co número tres presentaba un enorme funil de violación no que se insire unha cámara poligonal. A violación desta mámoa non debe ser moi antiga, posto que se pode observar o corte limpo das paredes. O mesmo acontece coa mámoa 5, que foi obxecto dunha escavación furtiva con apareincias de cuadrículas de 2 ms de lado que chegou ata a rocha.
Fotografías das Mámoas I, II, III e IV da necrópole dos Campiños. |
ANTA-DOLMEN Nº 4 DOS CAMPIÑOS
Atópase nunha mámoa de dimensións que van desde os 20 ms no eixo N-S, ata os 23 ms no eixo E-O. No interior acocha unha cámara poligonal con corredor situada no medio da mámoa e coa superficie interior valeirada.
Planta da Anta dos Campiños nº 4. |
No corredor de acceso emprega unha solución estrutural mediante o emprego dun murete de mampostería como solución ao peche dos lados do corredor.
Como se dicía, a cámara é das do tipo poligonal sinxela, con inicio de corredor. Está formada por nove esteos aparentes dos que se conservan sete e atópase moi arrasada.
ANTA-DOLMEN Nº 6 DOS CAMPIÑOS
A mámoa número 6 foi escavada por Ramón Fábregas e Andrés de la Fuente no ano 1984. Amosa no seu interior unha cámara poligonal con corredor composta por doce esteos e ubicada no centro da mámoa. A mámoa foi restaurada despois da intervención arqueolóxica e na actualidade atópase cuberto por unha frondosa vexetación de toxos que cubren tanto a mámoa como os restos estruturais.
Fotografía da escavación de Fábregas e De la Fuente, 1984 |
A anta emprázase no centro dunha mámoa de 25 por 23 ms nos diámetros maiores. Ten forma case circular e está constituída por terra con coiraza de pedra bastante discontínua. Tamén dispón de anel perimetral, de maior complexidade na metade oriental do monumento.
Presenta no seu interior unha cámara poligonal con corredor composta por 12 esteos e está ubicada no centro da mámoa. Foi escavada e na actualidade atópase totalmente cuberto por poderosos toxos que cubren tanto a masa tumular como os restos arquitectónicos.
A Anta Os Campiños nº 6, fotografía do ano 1995. |
Como singularidade, destacar a tipoloxía construtiva da cámara, que está conformada por 12 esteos imbricados entres sí, cun alto grao de simetría.
Fotografía do ano 1995. |
Como dicía, nas escavacións de 1984, descubriuse un anel perimetral que enlaza coa coiraza, así como un corredor de entrada cara á anta que arrinca desde a periferia da mámoa. Amosa unha cobertora de pedra, o corredor, composta de pequenos bloques de granito.
Fotografía de Fidel Méndez et al, 2008 |
Á vista da memoria da escavación pódese concluir que o traballo realizado foi escelente, posto que se realizou, ademáis dunha estudada laboura de restauración das estruturas arquitectónicas, un cuidadoso proxecto de consolidación modélico aínda que a desidea das autoridades competentes non mantiveron labouras de mantemento continuada.
Fotografía de Fidel Méndez, 2008. |
O estado actual é penoso, lamentabble, tanto pola acción desaprensiva humán como polas actividades nautrais.
No enxoval descuberto nas escavacións do ano 1984 clasificáronse machadas pulimentadas, puntas de frecha, pezas de muíño, pedras con coviñas, anacos de vasos de cerámica, etc.
Planta da anta nº 6 da Necrópole dos Campiños. |
Este ano limpáronas alá polo mes de Xullo-Agosto. Supoño que aínda estarán visitables. Saudos
ResponderEliminarEsperemos que esa limpeza se manteña no tempo. Grazas pola información.
Eliminar