ANTA-DOLMEN DE PENA BRANCA. Serra Faladoira.
Para chegar. Seguindo pola estrada que leva a Mañón e ao Barqueiro, debemos chegar ao Alto do Monteirón, a poucos qms do Barqueiro, despois de pasar Mañón. Hai que seguir pola estrada da esquerda que leva ao alto da serra e, ao deixar atrás o desvío cara á aldea de Pena Branca, seguiremos subindo ata que, pouco antes de chegar ao abandonado caserío de Morín, hai unha pista de terra á dereita que discorre ata unha basa e un fuste de cruceiro (falta a cruz) ao pé da espectacular formación rochosa de Pena Branca. Desde aí, hai que seguir o carreiro paralelo á devandita formación ata que, despois de camiñar cerca dun qm, chegaremos a necrópole formada por varias mámoas ben sinalizadas.

Debo dicir que esta descrición para chegar é dos anos noventa; hoxe posiblemente as pistas feitas para a ubicación do parque eólico leven a algún erro.
Fotografía de Federico Maciñeira en Pena Branca. |
Aínda que tal como e a vemos non é posible reconstruir a planta (segundo Maciñeira era hexagonal) non hai razóns para deducir que non fose das do tipo poligonal tendente ao círculo. Tampouco hai vestixios do corredor e conserva cinco esteos dos que só dous parecen permanecer in situ , enfrontados e sen cobertora.
Fotografía da Pena Blanca no ano 1994, por Ramón Boga. |
O esteo máis grande da cámara mide dous metros e vintedous centímetros de altura, un metro e sesenta cms de ancho e 23 cms de grosor. O máis pequeno vai desde o metro e setenta cms de altura, un metro e setenta cms de ancho ata os vinte cms de grosor. As medidas da cámara no senso do eixo maior son de dous metros con cincoenta cms.
Fotografía da Pena Blanca no ano 1994, por Ramón Boga. |
Ao redor da cámara hai espalladas numerosas pedras miúdas que, posiblemente, forman parte da estrutura tumular, atendendo á tipoloxía típica da bisbarra megalítica.
Fotografía da Pena Blanca no ano 1994, por Ramón Boga. |
A Anta de Pena Branca forma parte dunha necrópole de seis mámoas que se atopaban (nos anos noventa do século XX) ben sinalizadas por mor da construción do devandito parque eólico. Unha das mámoas máis cercana contén varios esteos da cámara.
Na zona abondan as lendas sobre as "covas de mouros" e dos "fornos dos mouros". Unha cume próxima chámase "Pena da Moura" e unha penechaira, tamén moi cercana, coñécese polo nome de "Chan do Tesouro".
Fotografía da Pena Blanca no ano 1994, por Ramón Boga. |
Un veciño vaqueiro dos contornos que parou pacienzuco a departir conmigo, contoume qun conto "verdadeiro": no tempo dos mouros, un deles estableceuse definitivamente na zona e, aínda hai poucos anos, nun lugar moi pretiño (Caserío de Morín), unha familia tivo unha filla negra, apodíctica conclusión da mistura con nós dos "mouros" que non se foron. Tamén aludiu o meu contertulio ocasional a que a desaparición da cruz do cruceiro, do que só permanece en pé o pequeno fuste, "é un suceso moi misterioso..." Diante da miña insistencia para que me explicase esa aseveración, o paisano optou polo silenzo e a súa expresión denotaba que estaba diante dun auténtico ignorante.
OUTRAS ANTAS-DOLMENES da necrópole de Pena Branca:
Fotografía no ano 1994, por Ramón Boga. |
Fotografía no ano 1994, por Ramón Boga. |
Fotografía no ano 1994, por Ramón Boga. |
Debuxo de Ramón Boga Moscoso |
No hay comentarios:
Publicar un comentario