ANTA-DOLMEN DE ZARRAMACEDO OU DAS DERRAMADAS: crónica dunha desfeita patrimonial.
"Elle est arrivée. Quoi? L`eternite"
("Ha llegado. ¿Qué? La eternidad")
A. Rimbaud, "Eternité".
A Mediados de xaneiro de 2024 aproveitei unha viaxe a Lavacolla (Aeroporto Rosalía de Castro en Santiago de Compostela) para achegarme á cercana parroquia de Salto a visitar a Anta de Zarramacedo ou das Derramadas.
Anta-dolmen de Zarramacedo. Debuxo de Moncho Boga, 2024. |
Neste blogue xa publiquei dúas entradas. A primeira data do 13 de decembro de 2012 onde me limitaba a describir a estrutura arquitectónica do que se conservaba da cámara: medidas, número de esteos e características orográficas, así como un debuxo da planta. Atopábase no medio dunha pradeira e os chantos podíanse contemplar perfectamente, limpos de vexetación. Talvez o único problema estrutural afectaba á total inexistencia do túmulo-mámoa no que debía estar inserida.
![]() |
Planta da Anta de Zarramacedo Debuxo versíon de Ramón Boga. |
Fotografías realizadas desde a mesma perspectiva ao longo do tempo:
![]() |
Fotografía da páx. web megalitos.arqueoloxico.com, década de 2000. |
![]() |
Fotografías de Alex Negreira, 2014. Podemos cotemplar como os sucos están practicamente enriba da anta. |
![]() |
Fotografía de Manuel Boga, 2024. |
Pero deixovos coas miñas indignadas palabras de entón, que brotaran como un torrente de silenciosa protesta e indignación:
![]() |
Fotografía de Alex Negreira, 2012. |
















