PEDRAFITA-MENHIR CHAN DA PARAFITA.
Tamén alcumada Pena Longa de Pintos, atópase no alto do Monte da Fracha, nunha extensa charia da aba que descende con dirección W desde a cume da Pena Longa de Pintos, a 498 ms de altitude. Moi cerca atópase o cauce do río do Pobo e Área Recreativa da Fracha.
Aínda que non podo dicir moito máis deste en apariencia bonita pedrafita, podo colexir que se trata dun elemento con sección rectangular e forma tamén xeral rectangular. Semella que se erixe nun pequeno outeiro e a base está calzada cunha morea de pequenas pedras.
Trátase dun gran esteo-bloque granítico natural que está enriba dun pequeno outeiro. Segundo Alberte Alonso, probablemente foi retocado na prehistoria con algunha finalidade indeterminada. Na base aínda podemos ollar os restos de diversas pedras e cascallos procedentes da manipulación do fabuloso fito.
Frei Martín Sarmiento, século XVIII, nas crónicas viaxeiras por terras de Pontevedra, fala das xuntanzas e reunións que, ao carón desta pedrafita se facian, a hipótese que presentamos sinala ó ben como un posible Ónfalo, símbolo e función dun probable culto ou ritual á fertilidade (a pedrafita presenta varias caras con trazos fálicos), unha aclamación central do mundo, un saúdo asembleario comunitario que, como o marco do Vento na Lama, agrupa á colectividade humana no desenrolo dunha actividade máxico-relixiosa preponderante para a comunidade.
Segundo información recollida de Xabier Moure, Martiño Sarmiento recolleu diversas lendas como a que conta que neste lugar realizábanse diversas xuntanzas ou reunións, aínda que non sabemos quenes nin para que. Para Alonso, estas xuntanzas e reunións que se realizaban a carón da pedrafita, esta é a proba de que se considerase como un posible Ónfalo: un símbolo e unha función relacionada co culto ou ritual da fecundidade, da fertilidade.
![]() |
Fotografía de Rafael Quintía do blog a sombra de bouza panda. |
Localización:
Lugar: Chan da Parafita, Fonte da Pena Longa de Pintos, amplo rechán da aba descendente dirección O dende o Cume da Pena Longa de Pintos 498 m.s.n.m., moi preto ten o seu curso o Río do Pobo, sendo a Área Recreativa da Fracha, lugar onde entreterse entre a natureza, os ollares dende aquelas alturas, e, un bo xantar nunha xornada de lecer, non lonxe desta colosal pedrafita atopamos outras dúas, relacionadas coa observación astronómica, a pedrafita marco Das Tres Cruces, e a Pena Longa, Valadares, as tres pedrafitas se encontran dentro da freguesía de Marcón, San Miguel.
Ámbito arqueolóxico: Paleolítico, megalítico, petróglifos, castros, romanización, etc...
Toponimia de prospección: Arqueolóxica, etnográfica, antropolóxica, arqueoastronómica, cronolóxica, sacralización e lendas: Chan da Parafita, Fonte da Pena Longa de Pintos, Cume da Pena Longa de Pintos, A Fracha, Argallás, Fonte Cadela, Outeiro Ladrón, Monte Lourado, Covas, Pintos, O Pousadoiro, Os Regueiros, etc...
Freguesía: Marcón, San Miguel.
Concello: Pontevedra.
Terra Pontevedra.
Pontevedra.
https://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com/2014/04/onfalo-pedrafitas_9.html
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/category/02-arqueoloxia-e-historia/
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/category/02-arqueoloxia-e-historia/
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario