Investigando por ises incomprensibles mundos virtuais, atopei nun blogue que se denomina elarqueologoimpaciente, a fotografía dos restos dunha cámara e mámoa no concello lugués de Cospeito.
Trátase dunha aparente mámoa de tamaño medio que amosa no centro o recurrente funil de violación. Nunha beira, segundo a fotografía, sobresaen dous esteos de considerable tamaño de cuarzo branco: de altura poden acadar máis de setenta centímetros.
Fotos do blogue elarqueologoimpaciente.
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
Pois paréreme que lle fallan outros tantos, coma se foran roubados...
ResponderEliminarBreves saúdos
Perdoa pola tardanza en contestar. Efectivamente estánlle a faltar polo menos cinco esteos, o que debuxaría unha planta probablemente poligonal. Os esteos que faltan serían reaproveitados en construción da veciñanza despois de escavar na busca de tesouros...
ResponderEliminar