PEDRAFITA-MENHIR DE CATAROU.
Atópase no lugar de Catarou, pertencente á parroquia de Galdo. Estamos diante dunha pequena pedrafita que non sobresae máis que un metro e quince centímetros. Segundo a fotografía de Xabier Moure, semella e é probable que a súa planta sexa tendente ao triángulo e o remate moi redondeado. Tamén parece que as súas caras atópanse moi puídas.
Non sabemos máis do contexto tumular e xeográfico, aínda que semella que se atopa nunha chaira. Segundo Moure, esta pedrafita foi citada por Federico Maciñeira.
![]() |
Fotografía realizada por Xabier Moure Salgado, no blogue onosopatrimonio |
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario