CISTA DE ATIOS
Foi atopada no lugar de Tanés, pertencente á parroquia de Atios, no concello de O Porriño. Quedou ao descuberto debido aos traballos dunha explotación mineira.
Estruturalmente amosa unha forma rectangular con medidas que van desde un mero e cincoenta e nove centímetros ata un metro e trinta centímetros, aproximadamente. Confórmase mediante catro lousas de granito e outra máis cativa que fai de peche da xunta SO, que non axustaba tan exactamente como as outras.
![]() |
Planta da Cista de Atios, segundo versión de Ramón Boga Moscoso |
Posuía unha pedra cobertora que sobresaía do conxunto en planta. No enxoval exhumado había dous puñais de espigo, ambos os dous con dobre fío de bisel e dous cilindros de ouro decorados con gallóns nun arame de forma espiral e sección romboidal de prata.
![]() |
Enxoval da Cista de Atios. Museo Municipal Quiñones de León, Vigo |
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario