PEDRAFITA-MENHIR DO CAMPO DO MARCO.
Trátase dun marco demarcatorio ou de temo que separa os concellos de Cerdedo e Campo Lameiro. Lamentamos no poder dicir nada máis desta preciosa pedrafita, salvo as indicacións de Alberte Alonso sinalando que se pode considerar das pedrafitas tipolóxicamente adscritas ás de observatorios astronómicos. Ten forma alombada por unha das caras e a sección parece cadrangular: A cara convexa aparece moi pulida e a cóncava está menos traballada.
![]() |
Fotografía de Alberte Alonso Fernández |
Os estudos de Alberte Alonso confirmaros os equinoccios de primavera e de outono, o 21 de marzo e o 22 de setembro respectivamente. A pedrafita atópase ubicada in situ.
O lugar no que se asenta denomínase Campo do Marco en Quireza e está chantada a uns poucos metros dunha mámoa, dun camiño primitivo, dun manancial de auga e nunha pequena zona achairada preto do nacemento do Rego do Batán, todos eles criterios de emprazamento das pedrafitas galegas.
ENLACES
Blog: catalogaciondepedrafitas
Blog: onosopatrimonio de Xabier Moure
En Sigrás, saúde, sorte e libros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario