Páginas

domingo, 28 de xuño de 2026

ANTA-DOLMEN 4 DA NECRÓPOLE DA CHAN DA CRUZ. San Vicenzo de Trasmañó, Redondela.

ANTA-DOLMEN 4 DA NECRÓPOLE DA CHAN DA CRUZ

RUTA MEGALÍTICA DA CHAN DA CRUZ, MONTE PENIDE-MIRALLO


"Inteligencia militar son dos términos contradictorios."

Groucho Marx.



A Anta 4, segundo versión de Moncho Boga, 2026.

Segundo as información recollidas ao longo do tempo, pode ser que esta mámoa sexa a Mámoa 7 catalogada por Hidalgo/Goberna en 1980, a Mámoa 9 prospectada polo grupo de arqueoloxía "Alfredo Alén"; e probablemente a mámoa sinalada co número XXXV segundo o plano do ano 1936 de Cayetano Mergelina. A numeración na catalogación de Patrimonio é "Conxunto tumular da Chan da Cruz 15." Atópase no catálogo de Patrimonio coa sinatura GA 36045044.


Situación da Mámoa e Anta 4. Google maps.

Ubícase na mesma penechaira, nun pequeno rechán da dorsal do Monte Penide, con repoboación forestal de piñeiros e eucaliptos; tamén é e era abondoso o monte baixo onde predomina o toxo, as silvas e os fieitos. Na zona hai cabalos en libertade.


                  Fotografía de Xosé Couñago no ano 2012.
                   En https://montepenide.wordpress.com/

Como dicía, antes da limpeza, toda a superficie da mámoa estaba inzada de piñéiros. Tamén o burato ou funil de violación. Probablemente esa é unha das causas polas que a mámoa está gravemente arrasada.


Planta versión propia a partir de Vázquez Collazo.

O lugar de emprazamento pertence ao Monte Comunal da Comunidade de Montes Veciñal en Mán Común de Negros. Con respecto á situación parroquial, malia que aparece vencellada normalmente á parroquia de Negros, optei pola adscrición que se sinala no PXOM do Concello de Redondela, que é Trasmañó.


Fotografía: megaliticiablogspot.com

Como dicía, trátase dunha mámoa das do tipo medio pequeno con medidas que van desde os mais de dez metros e medio no eixo norte-sul, ata os once metros no eixo leste-oeste. A altura é duns cincoenta centímetros pola beira do norte. Por isa mesma beira aparecen varios buratos e pequenas gabias ou regos, froito talvez dos facinerosos furtivos. Tamén por toda a superficie da mámoa pódense albiscar numerosos anacos de granito que poderían ter sido parte da coiraza pétrea.


Fotografía: megaliticiablogspot.com

No medio da mámoa, na croa, aparece o burato de expolio que acada dimensións considerables: ao redor de dous metros e medio para o eixo leste-oeste, uns tres metros e medio para o eixo norte-sul e polo menos un metro de fondura. Precisamente nese gran burato é onde se erixe, na súa posible posición orixinal, o grande esteo de granito, cuxas dimensións son as seguintes: pouco mais dun metro de altura e case os dous metros e trinta centímetros de ancho. 


Fotografía: megaliticiablogspot.com

Este poderoso esteo, fincado na marxe oeste do funil de violación, orientado lonxitudinalmente de norte a sul, con toda probabilidade formou parte da cámara megalítica ou dolmen. No fondo do devandito burato de violación aparece outra lousa tirada: non é posible decidir nestes intres si se trata doutro esteo da cámara do que non é posible apreciar as súas dimensións, aínda que semella bastante grande.


E unha vez mais, vou rematando non sin antes expresar a esperanza de que a limpeza sistemática destes sensibles monumentos da nosa prehistoria poda contribuir á súa conservación futura.



EN SIGRÁS, DESPOIS DA NOITE MEIGA DE 2026.
SAÚDE, SORTE E LIBROS!!!

BIBLIOGRAFÍA E ENLACES ESTUPENDOS

https://megaliticia.blogspot.com/2025/12/Necropole-Monte-Penide.html

José Manuel Hidalgo Cuñarro e Fernando Javier Costas Goberna, “El gran conjunto megalítico de Monte Penide, Redondela-Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXIV, 1980

Cayetano Mergelina, “Notas sobre arqueología gallega. Las mámoas de Chan da Pedra do Couto y de San Colmado.” Boletín del Seminario de Arte y Arqueología, Tomo 4,1º., curso de 1935-36. Valladolid, 1936.

Patiño Gómez, R.: “La necrópolis megalítica de Monte Penide – Vixiador”. Traballos de Arqueoloxía, 1992. Publicación do grupo de arqueoloxía Alfredo García Alén.

Filgueira Valverde y García Alén, “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra.” El Museo de Pontevedra, XXXI. Pontevedra 1977.

R. Fábregas Valcarce, X. Carballo Arceo y V. Villoch Vázquez. Petroglifos y Asentamientos: El caso de Monte Penide (Redondela Pontevedra).

Antonio Martínez Cortizas, Ramón Fábregas Valcarce, Susana Franco Maside. Evolución del paisaje y actividad humana en el área de Monte Penide (Redondela Pontevedra).

Ramón Boga Moscoso, “Guía de dólmenes de Galicia.” Bahía 1997.

Baños Rodríguez et al, “Antas e pedraditas de Galicia.” Asociación de Amigos do Museu Arqueolóxico A Coruña, 1996.

https://montepenide.wordpress.com/

https://oestrymnio.blogspot.com/2013/03/monte-penide-necropolis-megalitica-y.html

https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/mamoa-inedita-1-das-pedras-do-picos-cabeiro-o-vixiador-2633234

https://web.archive.org/web/20140111003856/http://www.acitania.com/Visita_Guiada_MontePenide-ACITANIA.pdf

https://turismoriasbaixas.com/es/search/museo-virtual-monte-penide-prehistorico

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-dos-tumulos-de-monte-penide-monte-mirallo-redondela-45986051

https://www.galiciamaxica.eu/galicia/mirador-de-coto-fenteira/

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=56&id=2345

https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/ruta-de-los-misterios-y-las-leyendas/

https://montepenide.wordpress.com/category/castro-de-negros/

https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mamoas-de-galizagalicia-provincia-de_9.html

https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2021/11/o-castro-de-negros.html

https://redondela.gal/categoria/turismo-redondela/que-ver/

https://espanaviajar.com/pontevedra/pueblos/redondela/

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/monte-penide-roteiro-prehistorico-9144743

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/05/06/redondela-musealizara-mayor-yacimiento-mamoas-galicia/0003_201305V6C3991.htm

https://sanvicentedetrasmano.wordpress.com/2013/01/28/que-ver/

https://www.google.com/maps/dir/Redondela,+Pontevedra/Petr%C3%B3glifos+de+Chan+da+Cruz,+Unnamed+Road,,+36811+Redondela,+Pontevedra